A Comisión Europea crea un servizo de alertas para as consultas públicas (FGE).

Liked this post? Share with others!

Bruxelas, 3 de xaneiro de 2012.- A Comisión Europea ofrece dende comezos de ano aos cidadáns, ás empresas e ás organizacións non gobernamentais un prazo mínimo de 12 semanas para que presenten as súas achegas e comentarios sobre as novas políticas e a lexislación europea. Anteriormente o prazo era de oito semanas.Ademais, esta institución europea creou un servizo de aviso para as iniciativas futuras para facilitar unha maior participación na elaboración das políticas europeas nunha fase temperá. As organizacións que desexen empregar este servizo deberán inscribirse no Rexistro de Transparencia, o que lles permitirá recibir información sobre os planes de novas iniciativas nos sectores que sexan do seu interese, un ano antes da súa aprobación.

A Comisión agarda que con estas medidas aumente a participación pública nas consultas, en especial entre grupos infrarepresentados como as Pemes. O obxectivo é que cidadáns e empresas participen no proceso lexislativo, para que neste se teñan en conta tódolos datos e inquedanzas das diferentes organizacións.

Subscribe to our newsletter

Collect visitor’s submissions and store it directly in your Elementor account, or integrate your favorite marketing & CRM tools.

Do you want to boost your business today?

This is your chance to invite visitors to contact you. Tell them you’ll be happy to answer all their questions as soon as possible.