A FGE acollerá a celebración do seu primeiro “Debate Galicia Europa” onde se tratarán diversos temas da actualidade comunitaria de gran importancia para Galicia, como é o caso da implantación da Directiva Europea de Servizos, coñecida como “Lei Ómnibus”.

Para este primeiro encontro, que se desenvolverá no marco dun xantar na oficiña de Bruxelas, o invitado será o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, que presentará a actuación de Galicia (pioneira en España) con respecto á transposición da directiva, explicando como afectará ao futuro deste sector.

+ INFO: http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu